Este sábado terá lugar o acto de posta en funcionamento do ximnasio municipal de Baio

Este sábado, 15 de abril, ás 19:30 horas terá lugar o acto de posta en funcionamento do ximnasio municipal de Baio nun acto aberto a toda a veciñanza.

Mentras, continúa aberto o prazo de inscrición para o uso das instalacións que será gratuíto ata o 30 de xuño. O ximnasio municipal de Baio abrirá as súas portas ao público a partir do luns, 17 de abril. O horario de apertura é de luns a venres, de 09:00 a 22:30 horas e os sábados de 10:00 a 14:30 horas. Tamén haberá un monitor que estará nas instalacións de luns a venres en horario de 16:00 a 22:30 horas e os sábados de 10:00 a 14:30 horas.

O ximnasio municipal, ubicado no pavillón de Baio, está equipado con dúas salas – unha de musculación e outra de cardio – que en total suman uns 150 m2 así como vestiarios e aseos masculinos e femininos. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha