Este venres abre parcialmente o patrimonio público da comarca

Imagen de archivo del Dolmen de Dombate

Este venres 29 de maio está prevista a apertura ao público dos bens patrimoniais provinciais xestionados polos concellos como o Castelo de Vimianzo, as Torres do Allo, o Forno do Forte de Buño ou o Dolmen de Dombate. En todos eles, cumpriranse estritamente as medidas de seguridade permitindo só o terzo do seu aforo habitual.

En todos os bens aplicaranse as medidas esixidas polas autoridades sanitarias entre as que se inclúe a instalación de carteis con normas e recomendacións específicas para o público, sinalización con indicacións sobre distancia de seguridade e a obriga de que as persoas non superen o terzo do aforo autorizado nin se desenvolvan actividades culturais distintas ás propias visitas. Tamén se realizará a sinalización e balizamento dos lugares que poidan ser máis complexos polo tránsito de visitantes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha