Este venres, en Vimianzo, clausura das escolas culturais e deportivas con churrasco e inchables

1 minutes read
  • Terá lugar na praza do Concello ás 19:00 horas e, previamente, desenvolveranse exhibicións de patinaxe e tiro con arco no pavillón municipal

Vimianzo celebrará este venres a festa fin de curso das escolas culturais e deportivas con inchables, animación e churrasco. O evento comezará ás 19.00 horas e terá lugar na praza do Concello. Previamente, a partir das 18:00 horas, desenvolverase unha exhibición da escola de patinaxe no pavillón de Vimianzo. Media hora máis tarde será o turno dos usuarios de tiro con arco.

Desde o Concello animan a todas as persoas a participar nestas actividades xa que «son a demostración de todo o esforzo e ilusión colleitados nun ano tamén particular».