Será un encontro, organizada por AXOBER. e Quincemil, no que participarán empresas de diferentes sectores interesadas en expandir a súa actividade no país veciño. A xornada comezará ás 10:15 horas e haberá varios relatorios que rematarán cun encontro entre as persoas participantes para fomentar a colaboración entre as empresas.
O programa tamén inclúe dos bloques centrados, por unha parte, na estructura e posta en marcha de empresas en Portugal e, por outra, na xestión do risco, os incentivos fiscais e o sistema empresarial portugués. Na xornada participarán profesionais especializados e representantes de diferentes empresas. Tamén haberá un espazo final de networking para fomentar a colaboración entre empresas galegas e portuguesas.
As inscricións poden formalizarse a través da web axober.org. O custo é de 60€, importe que inclúe tanto a asistencia á xornada como o xantar e o espazo de networking.
Para máis información, as persoas interesadas poden contactar no teléfono 665 43 94 32 ou no correo electrónico info@axober.org