Á venda «Blame the Boogie», o novo single de Dj Frisco & Marcos Peón

2 minutes read

Dende este venres, 15 de Abril, xa está á venda «Blame the Boogie», o novo single dos galegos Dj Frisco e Marcos Peón xunto á alemá Martina Budde. O sadense Dj Frisco e os lucense Marcos Peón colaboran de novo coa raíña do Jackin House, Martina Budde. Neste novo lanzamento volven apostar polos sons dos oitenta con bases e sons actuais que tan bo resultado están a dar nas pistas de baile máis selectas. Nesta ocasión a formación hispano alemá, fixo unha versión o mítico «Blame It On the Boogie» de The Jacksons . Unha aposta segura, coa que confían entrar nas listas de éxitos máis importantes de Europa e Latinoamérica.

Track.

É a cuarta colaboración entre os djs e produtores galegos coa artista de proxección internacional Martina Budde. No single conxunto, «Hard work for Money» chegaron a situarse en listas importantes como:

  • Nº3 en House en Itunes España Nº8 en Dance en Itunes España
  • Nº1 en House Itunes Portugal Nº2 en Dance Itunes Portugal Nº8 en Itunes
  • Portugal (Xeral)
  • Nº2 en House en Itunes México Nº8 en Dance en Itunes Mexico
  • Nº2 en House Itunes Suecia Nº9 en Dance en Itunes Suecia
  • Nº56 en Itunes Suecia (Xeral)
  • Nº18 en House en Itunes Alemaña
  • Nº5 en House en Apple Music Nicaragua Nº105 en Dance en Apple Music Nicaragua

Nas súas últimas producións, Taibo e Peón, lograron situarse dentro do “circuíto” House mundial e as súas cancións foron incluídas en Charts e Listas de éxitos de países como Estados Unidos, España, México, Colombia, Reino Unido, Italia, Alemaña, Francia ou Canadá. Ademais recibiron o apoio nas súas producións de artistas internacionais da talla de Joachim Garraud , Djs From Mars, Leandro da Silva, Nicola Fasano ou Silvio Carrano. Doutra banda, Dj Frisco & Marcos Peón, seguen traballando duro nos proxectos que teñen para 2022, con novos singles e remezlcas, e a súa festa «STAR PEOPLE» xunto ao radio deejay máis coñecido do noso país, Fernandisco.