A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo unha xuntanza co alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga, veciños e comerciantes do municipio, na que avanzou o inicio este verán da reordenación e humanización da vía autonómica AC-418 ao seu paso polo centro urbano, cun investimento de 570.000 euros.
Vázquez Mourelle, xunto co delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, presentou o proxecto de mellora na contorna que coincide coas rúas Emilio González, Villar Amigo e Eduardo Vila Fano, e que forman parte da estrada autonómica. Unha intervención que, segundo dixo, busca facer cidade e humanizar unha parte da estrada autonómica que na actualidade conta con dous carrís de circulación e beiravías cun ancho reducido, e que debido ao seu carácter urbano e central debese adaptar á realidade actual dunha rúa principal do concello moi transitada e meramente urbana.
Explicou que a intervención, que mudará completamente a imaxe desta estrada e a súa contorna. se realizará ao longo de 300 metros, e persegue incrementar a seguridade viaria, a mellora dos servizos municipais, os que “non se ven” e, por último, unha maior integración urbana da estrada.
