Aberto o prazo para solicitar as axudas escolares en Vimianzo

PIXABAY

  • O alumnado deberá estar empadronado no concello con tres meses de antigüidade como mínimo

O Concello de Vimianzo prepara a convocatoria de axudas para o inicio do curso escolar 2021-2022 dirixidas ao alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Ciclos Formativos (Grao medio e superior). O obxectivo destas axudas, que poderán ser compatibles con outras concedidas por administracións privadas ou públicas, é «facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación», sinalan desde o Goberno local.

As bolsas poden ser solicitadas polos pais/nais ou titores/as do alumnado que reúna os seguintes requisitos: estar empadroado no concello con tres meses mínimo de antigüidade á publicación da presente convocatoria; cursar estudos nos ciclos educativos e nas etapas mencionadas con anterioridade; non superar os ingresos económicos fixados no baremo das bases; non ser a persoa solicitante debedora da Administración Tributaria, Seguridade Social ou facenda municipal ou non ter pendente de xustificación ningunha subvención concedida polo Concello de Vimianzo.

As solicitudes poderán presentarse ata o 30 de setembro, achegando a documentación necesaria a través da sede electrónica ou no rexistro municipal.

Máis información aquí .