A Borrasca Miguel deixa un rescatado en Cee e preto de 250 incidencias en Galicia

Temporal en Barizo_nhdiario.

A borrasca que desde este xoves afectou á Comunidade galega provocou preto de 250 incidencias, ningunha delas de gravidade e sen casusar danos persoais.

Fundamentalmente, tratouse de árbores e pólas caídas, obxectos que se desprazaron á vía e actuacións preventivas dos servizos de emerxencias para evitar incidentes.

Así, desde primeiras horas, o 112 Galicia contabilizou preto de 250 incidencias, das cales case a metade producíronse na provincia de Pontevedra, seguida da Coruña, Lugo e Ourense.

De feito, dentro da provincia pontevedresa, Vigo, Vilagarcía, Sanxenxo e Cangas foron algúns dos municipios nos que se rexistron maior número de intervencións dos equipos de emerxencias, así como Ribeira, Muros e Outes resultaron ser os concellos da provincia da Coruña con máis incidencias na circulación, á parte dalgunha intervención sen maiores consecuencias na costa debido ao vento e a acción do mar, que fixo envorcar algunha embarcación e soltarse do amarre outra en Muros e Cangas, respectivamente.

Rescatado un operario que caeu nun burato cando traballaba en Cee

Os bombeiros rescataron este xoves a un operario que caeu por un burato duns seis metros de profundidade cando traballaba en Lires, Cee.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso pasadas as 13 horas deste xoves mediante os profesionais sanitarios que acudiron a atender ao ferido e descubriron que estaba no fondo dun burato de difícil acceso. Para rescatalo, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, avisouse aos Bombeiros de Cee, que sacaron ao operario para, finalmente, ser evacuado nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias ao centro hospitalario.

No operativo tamén estiveron os axentes da Garda Civil.

En canto á tipoloxía das incidencias, maioritariamente, tratouse de pólas e árbores caídas, tamén o desprazamento de obxectos á via e accións dos efectivos de emerxencias para previr accidentes, pero ningunha das incidencias revestiu gravidade e tampouco provocaron danos persoais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha