Este xoves é o último día para solicitar o voto por correo

Remata o prazo para votar por correo nestas eleccións ao Parlamento galego, este xoves é o último día para pedir o impreso en calquera oficina de Correos ou solicitalo a través da web. Para facelo, hai que levar o DNI ou, no seu defecto, permiso de conducir ou pasaporte. O voto pódese entregar ata o 10 de xullo.

Para os que opten por acudir a votar o 12 de xuño, lembren que se extremaron as medidas de seguridade nos colexios por mor da covid-19. Accederase con máscara, haberá circuítos diferenciados de entrada e saída, e os maiores terán preferencia nos colexios. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha