Este xoves reabre ao tráfico a rúa Santa Catalina


Farase despois de rematar as obras de execución dun colector de pluviais e de mellorar a pavimentación da calzada e dos espazos peonís duplicando a anchura das beirarrúas existentes na devandita vía, seguindo o Plan Especial da Cidade Vella.

Desde Infraestruturas e Mobilidade informaron á Asociación Zona Comercial Obelisco da reapertura de Santa Catalina e da continuación das obras de mellora na rede de pluviais no seguinte tramo, na rúa San Andrés até a rúa Nova. Estas obras afectarán tanto ao carril de circulación de sentido praza de España coma nas zonas de estacionamento.

Tamén informaron de que, aproveitando a realización das obras, modificarase o percorrido do autobús urbano para recuperar a parada de bus da Igrexa Castrense e o xiro da rúa Alta realizarase na rúa Sol, co fin de achegar o transporte público á zona comercial da contorna de San Agustín.