Este xoves terá lugar a exhumación de Franco do Val dos Caídos 44 anos despois

Os restos de Franco serán trasladados, probablemente en helicóptero, 50 quilómetros ata o cemiterio municipal do Pardo-Mingorrubio, que xa conta con medidas de seguridade excepcionais: accesos restrinxidos e vixilancia da zona, onde a Fundación Francisco Franco convocou unha concentración no momento da exhumación, como homenaxe ao ditador. A prensa poderá gravar a saída do féretro, pero fóra da basílica, e extremáronse as precaucións para que non se difundan imaxes delicadas. Para a exhumación do ditador é necesario erguer a laxe de granito de case dúas toneladas de peso. No desenterramento estarán presentes un forense e a ministra de Xustiza, Dolores Delgado, en calidade de Notaria Maior do Reino. Tamén poderá presencialo a familia de Franco, que recibirá a comunicación con 48 horas de antelación.