Esténdese o peche de pubs e discotecas

O peche de pubs e discotecas aplicado na área sanitaria da Coruña dende hai unha semana e que estivo vixente na Mariña ata comezos de mes vaise estender a toda Galicia e ao conxunto do Estado por mor do incremento dos contaxios da COVID-19. Unha reunión extraordinaria do Consello Interterritorial de Saúde, o órgano que xunta o Ministerio de Sanidade cos departamentos sanitarios das comunidades autónomas, aprobou este venres «por unanimidade» o peche «á maior brevidade» destes negocios no marco dun paquete de medidas para procurar frear brotes e rebrotes da pandemia que agora a Xunta terá que traspoñer á súa propia normativa, incluíndo a súa publicación no DOG, para que sexan efectivas.

Os empresarios do ocio nocturno afirman que «Imos pagar todos a irresponsabilidade duns poucos»

Estas foron as primeiras reaccións do sector do ocio nocturno tras coñecerse que se prohibe a apertura de discotecas e locais de copas. Un sector que emprega 200.000 persoas en España e representa preto do 2% da riqueza nacional. Samuel Pousada, presidente da Federación Galega de Empresarios de Salas de festas e Discotecas, di que van pagar todos pola irresponsabilidade duns poucos.  

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha