Estendido o nivel máximo de alerta por vaga de calor a toda Galicia

MeteoGalicia informa que, polo menos ata o venres, toda Galicia permanecerá baixo os efectos dunha masa de aire moi cálida de orixe norteafricana. Trátase dunha situación excepcional na Comunidade galega, xa que ademais das altas presións que permanecerán estacionarias ao norte da península Ibérica, teremos unha DANA (Depresión Aillada en Niveis Altos) no Atlántico, ao oeste da península Ibérica, que fará que a intensidade e mesmo a duración desta chegada de aire cálido sexa superior a outros episodios. Isto fará que as temperaturas sexan moi elevadas durante este período tanto nos valores mínimos como nos máximos.

Porén, os centros sanitarios galegos están en sobre aviso polo previsible aumento de patoloxías asociadas á calor.

A situación rematará co achegamento desa DANA a Galicia, previsiblemente durante a fin de semana, xa que nese momento teríamos inestabilidade e polo tanto nubes, tormentas e entrada de aire atlántico, máis fresco e húmido que ocasionaría un importante descenso nos termómetros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha