O calendario laboral de 2023 contempla un total de nove días festivos estatais que se celebrarán de forma conxunta en toda España, aos que se suman catro de carácter autonómico e dous fixados polos concellos, entre os que destaca o Martes de Entroido, o luns de Pascua e o 16 de agosto, Día de San Roque. O 2023 será un ano cun festivo nacional máis que o 2022 que o sábado quedará atrás.
A relación de nove festividades comúns a todo o país en 2023 é a seguinte:
- 6 de xaneiro: Epifanía do Señor (venres).
- 7 de abril: Venres Santo (venres).
- 1 de maio: Día do Traballo (luns).
- 15 de agosto: Asunción da Virxe (martes).
- 12 de outubro: Festa Nacional de España (xoves).
- 1 de novembro: Todos os Santos (mércores).
- 6 de decembro: Día da Constitución Española (mércores).
- 8 de decembro: Inmaculada Concepción (venres).
- 25 de decembro: Nadal (luns).
Por outra banda, relativo ós festivos en Galicia, o Consello da Xunta aprobou o 21 de xullo o calendario laboral de Galicia para o ano 2023, no cal se fixan como festivos propios o 17 de maio, Día das Letras Galegas, e o 25 de xullo, Día Nacional de Galicia. Ademáis, Galicia tamén contará co venres 6 de xaneiro, día de Reis, e xoves 6 de abril, xoves santo, como festivos en toda a comunidade.
Aos días festivos nacionais sempre hai que sumar os festivos autonómicos e dous locais, ata completar un total de 14 días festivos ao ano.
