Estonia restrinxirá a entrada de cidadáns rusos

1 minutes read

Estonia restrinxirá a entrada de cidadáns rusos con visados para o espazo Schengen. Este fai referencia ao pacto das 26 nacións europeas que aboliron as súas fronteiras para permitir a libre circulación dos cidadáns entre elas. Segundo os medios locais, isto significa que o país báltico prohibirá a entrada de todos aqueles cidadáns rusos cun visado aprobado por Estonia. A noticia deuna o ministro de exteriores de Estonia nunha rolda de prensa. Este afirma que aínda están a traballar para resolver algunhas cuestións sen resolver. A sanción xorde como medida para «restrinxir a capacidade dos cidadáns dun estado agresor» e poder continuar cunha «vida normal a nivel internacional». Os diplomáticos rusos e as súas familias, os traballadores do sector do transporte, os cidadáns que visiten a familiares próximos ou fosen admitidos por razóns humanitarias e aqueles que teñen dereito á liberdade de movemento no marco europeo quedarán exentos da restrición.