43
O vehículo viaxaba cheo de pasaxeiros preto do Farol de Urzáiz cando comezou a arder por causas que aínda se descoñecen. Os pasaxeiros tiveron que ser desaloxados con rapidez. O autobús explotou poucos minutos despois ante a sorpresa dos presentes, especialmente a da condutora do vehículo que, segundo apuntan varias testemuñas, atopábase en estado de shock. O lume deixou unha intensa fumareda no centro da cidade. Dúas dotacións dos bombeiros actuaron no lugar e varias ambulancias tamén se desprazaron á zona, aínda que ninguén sufriu danos nin precisou atención. O autobús era un vehículo novo, híbrido e que opera desde o mes de marzo.