Estrasburgo pide a España reforzar a liberdade de expresión

PIXABAY

A comisaria de Dereitos Humanos da Comisión Europea Dunja Mijatović pediu este luns ás autoridades españolas reforzar o Código penal do país para salvagardar a liberdade de expresión.

«Observo que nos últimos anos ditáronse un número crecente de condenas penais, incluídas penas de prisión, contra artistas por letras e outras actuacións controvertidas, e contra activistas das redes sociais por declaracións consideradas ofensivas», escribe Mijatović na súa misiva dirixida ao Ministerio español de Xustiza. E engade: «mesmo por comentarios concibidos como humor, por motivos das disposicións do Código penal sobre enaltecemento do terrorismo (artigo 578) e outras, incluídas as que que penalizan as calumnias e as inxurias á Coroa (artigos 490 e 491)».
Mijatović di que o delito de enaltecemento ou xustificación do terrorismo, tipificado no artigo 578 do Código penal, resulta problemático desde o punto de vista da seguridade xurídica debido á súa redacción ambigua e imprecisa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha