Estrea do Calvo Basket Xiria, baixo as ordes de Héctor Méndez


Este sábado 16 ás 18 horas, no pavillón Javier Gómez de Ferrol, o Calvo Basket Xiria estréase nesta tempada baixo as ordes de Héctor Méndez, con Javier López como axudante e Marcos López como preparador físico.

O conxunto carballés sufriu unha forte remodelación, logo do descenso da Liga EBA, pero foi capaz de facer un equipo de xente nova (media 22 anos) con gañas de demostrar o seu nivel e que tamén conxuga a experiencia de xogadores con moitos anos en ligas estatais, como os irmáns Pablo e Antonio López-Pizarro, Asier Comendeiro, Jorge Castiñeiras e Julio Flores (que xa estivera en Xiria na tempada 2010).

Pola parte máis carballesa, continúa por segundo ano Samuel Lodeiro e volta logo dun ano centrado nos estudos Jose Miranda, ao que se suma Damian Pose, que da o paso de Júnior a Sénior, con gañas de aprender e mellorar.
En canto as fichaxes, entran xogadores novos e tamén con experiencia, que veñen a este Club para sumarse ao proxecto do Basket Xiria. Son os seguintes:


• DIEGO LOPEZ MOURE (2001) Aleiro
• ALEX IGLESIAS FERNANDEZ (2001) Aleiro
• SERGIO YUBERO ROSALES (2001) Ala-Pivot
• ANGEL PASCUAL RODRIGUEZ (2001) Base

O debut en Carballo, será o sábado 23 ás 17 horas no Pavillón Vila de Noia contra o CB Costa Ártabra.

Plantilla: