A cita será esta noite ás 22:00 horas, enmarcada dentro da segunda xornada do 7º Carballo Interplay. Trátase dunha creación de Irene Pin, Iria Iglesias e Natalia Porca. Está protagonizada por Daniel Celester, Sara Ferro, Vanessa Dorrei, Monti Castiñeiras e Duarte Galbán, coa participación especial de Isabel Naveira e Sabela Arán. Definida polas súas creadoras como «unha macroprodución con micropresuposto», Amnesia 3.0 demostra que se pode facer ciencia ficción sen grandes efectos especiais, con historias universais contadas desde aquí. Un software implantado no cerebro humano borra a memoria a curto prazo cada noite, así as persoas poden desenvolver as súas funcións dentro do sistema na engrenaxe perfecta, sen pensar nin preguntarse. Porén, hai quen sobrevive na marxe. Son excluídas, habitantes das Estremas. O público poderá vela e comentala coas súas creadoras, de xeito libre e gratuíto, este xoves a partir das 22:00 horas en Youtube, Facebook e Twitch.
28