Estrella Galicia patrocinará ao Bergantiños F.C. durante as próximas tres tempadas

1 minutes read
Cedida.

Estrella Galicia e o Bergantiños F. C. anunciaron o seu acordo de patrocinio que unirá a ambas as entidades durante o próximas tres tempadas. Deste xeito, a imaxe de Estrella Galicia como cervexa oficial e de Cabreiroá como auga oficial lucirá a partir de agora tanto no recinto deportivo do club de Carballo, como en diversos elementos de comunicación. Ademais, Cabreiroá aposta forte pola canteira e será tamén a auga oficial das categorías inferiores do club.

Luciano Calvo, presidente do Bergantiños, sinala que “Para a familia do Bergantiños F.C. suponnos unha enorme satisfacción alcanzar este acordo de patrocinio con Estrella Galicia, empresa líder no seu sector. Non podiamos ter mellor compañeiro de viaxe.

Estamos moi preto de alcanzar o centenario e que mellor maneira que poder cumprir os 100 anos da man de Hijos de Rivera. Así mesmo, queremos mostrar o noso agradecemento a Hijos De Rivera pola súa aposta polo deporte e o Bergantiños F.C.”

Jaime Perozo, de Patrocinios Deportivos de Estrela Galicia, sinala que “Estamos moi contentos de sumarnos ao proxecto deportivo dun club case centenario como o Bergantiños Fúbol Club. Os valores que representa o equipo como o seu compromiso e desenvolvemento co fútbol basee teñen moito en común coa nosa forma de ver o deporte, estamos a desexar iniciar este camiño da man para o próximas tres tempadas”.