Estritas restricións en quince concellos para frear o coronavirus


Ourense, Cambados e Ortigueira foron os últimos en incorporarse á lista. A maioría está na provincia de Pontevedra. Son Poio, Marín, Vilagarcía e Vilanova de Arousa, Sanxenxo, Meis e Pontevedra. Complétana Santiago e o núcleo amesán do Milladoiro na Coruña, Verín e O Barco de Valdeorras en Ourense e Lugo capital. Están prohibidas as reunións de máis de dez persoas e os negocios deben reducir a ocupación dos seus locais ao cincuenta por cento. As barras dos bares quedan fóra de servizo. Na hostalería, as medidas aplícanse con rigor e resignación. O mal tempo non lles permite sacar proveito das terrazas, que poden funcionar ao setenta e cinco por cento. Os veciños asumen as medidas como necesarias.