Estudantes de automoción de Ponteceso visitan as factorías punteiras do sector en Alemaña

Unha expedición de 26 estudantes de Ciclo Superior de Automoción en réxime dual do IES Eduardo Pondal de Ponteceso viaxou á Alemaña acompañada por 4 dos seus docentes.

Foi ó abeiro dun proxecto de mobilidade concedido pola Xunta de Galicia no marco dun concurso destinado á FP Dual.

Abrangueuse un programa de visitas a factorías automobilísticas coma Mercedes Benz en Bremen, VW en Wolfsburgo, ós estaleiros de Meyer Werft en Papenburgo e mesmo ás instalacións do fabricante de aeronaves Airbus na propia cidade hanseática.

Os alumnos puideron asemade coñecer de primeira man a experiencia dun traballador que o é coma antigo estudante da FP Dual.

Por outra banda, os integrantes do grupo afondaron na súa competencia lingüística no idioma inglés e coñeceron a organización laboral e da propia FP Dual xermana que identificaron por similitude ca do seu propio centro educativo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha