41
Os estudantes de Medicina da Universidade de Santiago convocan folga indefinida para protestar pola que consideran deficiente calidade da docencia que lles imparten. Un grupo deles pasarán a noite pechados na facultade despois de manter diversas accións de protesta durante toda a xornada.
Denuncian, ademais, actitudes vexatorias dalgúns profesores cara aos alumnos, critican a escasa interactividade das clases e quéixanse da falta de recursos para levar a cabo as prácticas.