Estudantes dun centro coruñés percorren o patrimonio xeolóxico de Malpica

O Concello de Malpica recibiu este fin de semana a un grupo de estudantes de 1º e 2º de Bacharelato de Xeoloxía, do CPR Fogar de Santa Margarida (A Coruña), que visitaron as zonas máis significativas do patrimonio xeolóxico local. Preto dunha vintena de alumnas e alumnos xunto con varios titores que foron recibidos polo tenente alcalde, Miguel Fernández e a concelleira de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, Noelia Feijeiro.


Con esta actividade o centro achega as mozas e mozos o patrimonio natural e a posibilidade de observar as formacións xeolóxicas que se atopan ao longo da ruta dos Faros de Malpica, pasando polo Faro de Punta Nariga e con parada no miradoiro do Faro de San Adrián. Todo isto gozando das vistas ás Illas Sisargas.
Unha iniciativa educativa que achega aos estudantes de outros concellos á materia que tratan nas aulas e que descobren esta terra a todos eles.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha