Estudiantes Lugo Leyma Natura 79 – 63 Calvo Basket Xiria

0 minutes read

O Calvo Basket Xiria non foi quen de conseguir na 10ª Xornada da Liga EBA unha vitoria a domicilio contra un rival directo na táboa clasificatoria, perdeu no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo ante o Estudiantes Lugo Leyma Natura por 79-63, cuns parciais de 23-14, 19-23, 25-15 e 12-11. Toca seguir traballando a bo nivel, pensando xa na próxima xornada, partido que se celebrará este sábado 21 en Carballo contra o Ávila Auténtica Carrefour El Boulevar, segundo na táboa clasificaroria.