Ethel Vázquez convida á participación social para enriquecer o Plan de seguridade viaria de Galicia


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, convida á participación social para enriquecer o Plan de seguridade viaria de Galicia 2021-2025, pioneiro en España ao incorporar a “visión cero vítimas nas estradas”.

Vázquez Mourelle, xunto co director da Axencia Galega da Infraestruturas, Francisco Menéndez, participou nunha xornada con axentes sociais para abordar este plan, cuxo documento se prevé ter pechado en decembro para comezar a desenvolver as medidas nel recollidas a inicios de ano.

Salientou que este plan “ambicioso” precisa da colaboración e implicación máxima de todas as administracións e do conxunto da sociedade para acadar a redución ao mínimo posible das vítimas en accidentes de tráfico nas estradas galegas.

Neste sentido, fixo un chamamento á participación por parte dos distintos axentes implicados na elaboración do plan, dada a importancia de contar coas achegas das organizacións de vítimas de accidentes, dos usuarios das estradas, da Asociación de amigos do Camiño, pero tamén dos enxeñeiros, fabricantes de vehículos ou representantes de centros médicos ou da DXT, posto que son colectivos que traballan a diario neste eido e, polo tanto, os mellores coñecedores das medidas e actuacións máis necesarias no eido da seguridade viaria.