Ethel Vázquez demanda axilidade no impulso do tren a Punta Langosteira

1 minutes read

A titular de Infraestruturas e Mobilidade instou ao Ministerio de Transportes a proceder coa máxima axilidade para licitar, canto antes, o tren a Langosteira e aproveitar a oportunidade que supoñen os fondos Next Generation para construír esta infraestrutura “imprescindible” para a cidade herculina. Destacou a disposición do presidente da Autoridade Portuaria da Coruña de traballar de forma intensa, en coordinación co resto dos organismos implicados, para que a conexión ferroviaria do porto exterior se materialice nos prazos establecidos polos fondos europeos. Agradeceu, concretamente, o esforzo que está a facer a Autoridade Portuaria para axilizar ao máximo os trámites que lle corresponden, iniciando, o pasado luns, o proceso de expropiación dos terreos necesarios para a execución do tren.