Ethel Vázquez realizou un percorrido este domingo pola feira de Paiosaco

1 minutes read

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez Mourelle, xunto co alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, fixo este domingo un percorrido pola feira de Paiosaco. Ambos saudaron aos presentes e interesáronse polo funcionamento de diferentes postos de venda pola feira, nunha mañá solleira, pero fría e de bastante vento. No percorrido tamén estiveron presentes os concelleiros da Laracha José Ramón Martínez Barbeito e Pablo Cambón.

Aínda que parte da súa infancia estivo ligada a súa descendencia paterna por parte do exalcalde de Ponteceso Manuel Jesús Vázquez Barca, Ethel Vázquez, naceu en Santiago de Compostela en 1972. É enxeñeira técnica superior de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña. Tras rematar os estudos superiores, en 1996 comezou a súa traxectoria profesional na empresa privada, ata que, en 2003, se incorporou ao organismo autónomo Augas de Galicia. En xaneiro de 2012 foi nomeada directora da Axencia Galega de Infraestruturas. De 2014 a 2015 foi conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Desde outubro de 2015 ata setembro de 2018 foi conselleira de Infraestruturas e Vivenda.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?