Ethel Vázquez salienta o traballo feito para garantir un transporte público seguro e viable


Vázquez Mourelle fixo fincapé na labor do Goberno galego, intensificado a raíz da pandemia da covid-19, para garantir a viabilidade das empresas e os postos de traballo que xeran, e para evitar poñer en risco o acceso de miles de galegos a servizos básicos como a sanidade ou a educación. A titular de Infraestruturas afondou na situación do transporte público interurbano de viaxeiros dependente da Xunta que, coa colaboración e compromiso do sector, está a permitir o restablecemento progresivo dos servizos. A situación do autobús choca coa dos servizos de tren en Galicia que, en palabras da conselleira, “pasa de castaño escuro”. A conselleira puxo en valor os incentivos e axudas activadas desde distintas áreas do Goberno galego, destacando a inxección de 6 millóns de euros que se destinaron a ofrecer liquidez ás concesionarias e compensar o déficit de ingresos sufrido pola caída drástica de viaxeiros.