Ethel Vázquez supervisa este xoves as obras da estación de autobuses de Carballo


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, supervisará este xoves o resultado dos traballos de humanización do acceso Leste da estación de autobuses de Carballo. Con case todos os detalles ao completo, a zona loce unha imaxe totalmente renovada, dado que contou cunha inversión de 50.000 euros da propia Consellería. O prazo de entrega dos traballos estivo bastante condicionado polos problemas de suministro de diferentes materiais, pero a nova imaxe xa é unha realidade.