Eu quero a Car-ba-llo, mira vídeo


Este 14 de febreiro foi un día de San Valentín especial no concello de Carballo, presentouse a campaña “ Eu quero a Carballo”. Un icono con forma de corazón forma parte do logotipo e dunha iniciativa promovida polo concello na que participarán varias concellerías, Obras e Servizos, Turismo e Cultura, entre outras. Repartiranse carteis, adhesivos, bolsas, marcapáxinas e mesmo uns orixinais colgantes para as correas dos cans con forma de óso e utilizables para a recollida das deposicions dos animais. Para reforzar a imaxe corporativa colocáronse bandeirolas en distintas rúas, unha lona no novo soporte da Desiderio Varela e adhesivos de gran tamaño con forma de corazón nos escaparates dos máis de cen establecementos comerciais e hostaleiros adheridos, entre os cales se fará un novo reparto porque esgotáronse as existencias. Aínda que arrincou o 14 de febreiro, pola simboloxía da data, “Eu quero a Carballo” non é unha campaña específica do Día dos Namorados nin se vai a limitar a unhas datas concretas nin a un ámbito concreto. Unha das accións que inclúe a iniciativa é un vídeo grabadoen varias parroquias, e que pode verse aquí

Vídeo promocional “Eu quero a Carballo”
Bolsas da campaña no Mercado