«Eu quero Razo Baldaio», en ruta pola costa carballesa

1 minutes read

25 persoas dironse cita nunha ruta guiada pola Asociación Ambiental Senda Nova, xunto con Adega e Hábitat, que colaboran co Concello de Carballo para o desenvolvemento do programa «Eu quero Razo Baldaio».

O grupo saíu do Espazo da Natureza de Oza rumbo ás Torres. «Non son moitos os vestixios que quedan da fortificación tan importante que alí se atopaba, pero si que grazas a toponimia e aos restos das edificiacións que aínda se conservan puidemos interpretar o lugar e achegarnos a importancia histórica que este pequeno núcleo alberga», explica Senda Nova.

A través desta actividade convidouse ás persoas participantes a reflexionar sobre a relación entre os diferentes lugares e sobre a influenza das distintas culturas no territorio e na sociedade. «Un claro exemplo disto que comentamos vímolo na segunda parada, que tivo lugar na igrexa de San Breixo de Oza, onde puidemos achegarnos aos paralelismos entre algunhas características do catolicismo, con outras culturas e rituais precristiáns», apunta Eva Cameán, de Senda Nova. O grupo visitou a igrexa por dentro e desfrutou do fermoso retablo barroco do século XVII que vén de ser restaurado.

O peto de ánimas, o pazo de Cambrelle, o Castro de Castrillón, a capela de Santa Irena ou a igrexa de Lema foron outros dos lugares de interese que visitaron.