Logo de varios meses de traballo, este venres 19 de abril, como peche da xornada, tivo lugar a presentación do videoclip «Eu Son Camariñas». Un dos cofundadores da idea, o camariñán Diego Alonso, foi o encargado da súa presentación ante unha multitude de público expectante.
Con esta iniciativa trátase de promocionar e poñer en valor o territorio e as xentes de todo o Concello de Camariñas.
Este venres tivemos a oportunidade de que nos contasen en vivo dous dos seus protagonistas, máis detalles deste proxecto. En directo para nhdiario.es estiveron Diego Alonso e o gaiteiro David Carril, tamén en representación de todos os partícipes na iniciativa musical, Belém Tajes, Fran Barcia, Carlos Barcia e JM Fernández.
Belem, Fran, David, Carlos e José María son os protagonistas da historia que une para sempre Camariñas coa música.
O spot promocional conta a historia de catro mozos camariñáns que forman parte dun grupo de música folk na gran cidade. O conxunto musical vive un momento de estancamento na súa creatividade e os seus integrantes son conscientes delo. Pero a inspiración volve fluir cando unha das protagonistas da historia comeza a crear unha canción coa axuda inesperada dun utensilio propio de Camariñas.
“Os palillos da almofada dunha palilleira de Camariñas”
Moitas grazas a Diego Alonso, Raúl Lorenzo, Jorge Campos e a toda a xente de Camariñas pola súa colaboración.
www.nhdiario.es