Europ Assistance farase cargo do seguro covid para visitantes que cheguen a Galicia

1 minutes read

Europ Assistance foi unha das cinco compañías que se presentaron ao concurso para a prestación deste servizo. Trala resolución da mesa de contratación, a previsión do Goberno galego é activalo nun prazo de menos de tres semanas co obxectivo de ofrecer tranquilidade aos turistas e peregrinos que visiten a comunidade mediante a cobertura dos custos sanitarios, de aloxamento ou transporte derivados dun posible caso de infección por covid-19.

Ademais dos custos médicos, cirúrxicos, farmacéuticos e de hospitalización ante un caso positivo por coronavirus, o seguro cubre tamén os gastos que poidan producirse pola repatriación sanitaria ou pola prolongación da estadía por corentena obrigada por prescripción médica, incluíndo os familiares ou acompañantes do viaxeiro.

As coberturas van desde os 500 euros ata un máximo de 15.000 euros no caso de repatriación sanitaria internacional. Será de balde para todos os visitantes con residencia fóra de Galicia que se aloxen nun establecemento regrado da comunidade galega. A única condición é que o viaxeiro non tivese contraído a enfermidade antes de chegar a Galicia e que non fixera a viaxe cando estea desaconsellado ou prohibido polas autoridades sanitarias en orixe.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?