Europa advirte aos países membros dos riscos de relaxar as medidas anticovid no Nadal

1 minutes read

A Comisión Europea advirte os estados membros dos riscos dunha relaxación das medidas anticovid, que podería provocar unha terceira onda. Alemaña mantén as súas resticións ata xaneiro, o confinamento parcial ata o 20 de decembro e limita as reunións familiares a 10, sen contar os menores de 14 anos. A chanceler alemá Angela Merkel pide ademais pechar as estacións de esquí de toda Europa ante o risco de propagación do virus, unha proposta que os italianos aproban polo medo á importación de casos e que desbotan en Austria polo impacto económico negativo. Francia, porén, si aplicará ese peche e non limitará as xuntanzas familiares. En Italia recomendan que estas sexan cos familiares máis estreitos: pais, parella e fillos.