38
O número de persoas que falan galego está caendo, segundo advirte un informe do Consello de Europa sobre a protección en España das linguas rexionais ou minoritarias feito público este martes.
Este documento asegura que «diminuíu considerablemente» o número de alumnos que falan galego diariamente, e cualifica de «insuficiente» a presenza do noso idioma no ensino.
En concreto, o Comité de Ministros do Consello Europeo recoméndalles ás autoridades españolas que se levanten «as restricións impostas» ao ensino do galego en Galicia.