As negociacións dos orzamentos europeos sempre foron difíciles. Pero nesta ocasión sono aínda máis porque a marcha do Reino Unido deixa un oco nas finanzas comunitarias de 70.000 millóns de euros. Ademais os xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea chegan moi divididos ao cume de Bruxelas. «Hai moitas preocupacións, hai moitas prioridades e intereses, e o obxectivo debe ser axuntar os diferentes puntos de vista para tomar unha decisión conxunta». explicou Charles Michel, o presidente do Consello Europeo. «Os últimos pasos para alcanzar un compromiso son sempre os máis difíciles. Pero creo que sobre a mesa hai todo o necesario para tomar unha decisión». Hai polo menos dous bloques claramente enfrontados. O dos países nórdicos, coñecidos como «os frugales», que queren reducir as contribucións ás arcas comunitarias ao 1% da Renda Nacional Bruta. Queren poñer menos diñeiro. Este bloque inclúe a Austria, os Países Baixos, Suecia e Dinamarca. O outro bloque é o dos «amigos da cohesión», integrado por países do sur e o leste de Europa, que queren manter un máximo de axudas para a agricultura e os fondos estruturais.
Europa afronta dividida a encrucillada dos orzamentos
Fonte: @desdelamoncloa