O plan supón 390.000 millóns de axudas directas para estimular a economía europea e facer fronte á crise do coronavirus. Para a presidenta da Comisión Europea, Ursula Von Der Leyen, trátase dun paso histórico do que hai que sentirse orgullosos, aínda que aínda queda que o Parlameno o aprobe. O acordo contempla un fondo de reactivación para paliar os danos económicos, con 750.000 millóns de euros, e un marco financeiro para os próximos 7 anos de máis de 1 billón de euros. O maior salto da UE no seu modelo orzamentario desde hai 30 anos. Para o presidente francés , Emmanuel Macrón, este foi un día histórico para Europa. A cuestión das subvencións foi o maior escollo que mantivo enfrontados a Francia, Alemaña, España e Italia cos autodenominados países frugales do norte de Europa, encabezados polo primeiro ministro holandés, Mark Rutte.
38