Europa en fase crítica tras dispararse os contaxios por coronavirus

1 minutes read

Os últimos datos coñecidos de afectación pola pandemia de coronavirus dispararon as alarmas en boa parte de Europa.

Alemaña informou nas últimas horas de máis de 4.000 contaxios, o peor rexistro desde comezos de abril. Os responsables sanitarios alertan de que se podería chegar aos 10.000 casos diarios e de que a situación pode descontrolarse.

Preocupación tamén en Francia, que confirmaba preto de 19.000 contaxios. O presidente Macron anunciou que se darán a coñecer novas restricións.

En Italia, o país que máis sufriu a primeira vaga de coronavirus, subiron os positivos a case 3.700. A máscara é obrigatoria ao aire libre e o primeiro ministro Conte anunciou ademais a prolongación do estado de alarma ata finais de xaneiro.

O Goberno italiano realizará tests a todos os cidadáns procedentes de Holanda, Gran Bretaña, República Checa e Bélxica. Na capital deste último país, Bruxelas, a terceira con más contaxios de Europa, entrou en vigor o peche de bares e cafés durante un mes.