Europa, en risco «moi alto» por COVID as próximas semanas


Europa concentra dous terzos dos casos globais de COVID e é a única rexión do mundo onde aumentan, un 11% a semana pasada. O Centro Europeo de Prevención e Control de Enfermidades advertiu dun risco «moi alto» nas próximas semanas, alentando á vacinación e a dose de reforzo para os maiores de 40 anos e as persoas vulnerables. Unha iniciativa que apoia a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen. Son moitos os países que reforzan as restricións #ante o aumento imparable de contaxios. Italia fixo obrigatorio o certificado COVID para entrar en restaurantes e locais de lecer e deportivos. Tamén fará obrigatoria a terceira dose para sanitarios, persoal de residencias, forzas da orde, profesores e empregados da administración pública.