Europa endurece as restricións tras empeorar os datos por coronavirus


Esta segunda vaga de coronavirus está desbordando boa parte de Europa. Bélxica é o segundo país con máis incidencia do virus, despois da República Checa. Para tentar frear o avance da pandemia, o Goberno belga aplica novas restricións, que inclúen o toque de recollida en dúas provincias. Na capital, en Bruxelas, os contaxios dispáranse, dado que rexistra 759 casos por cada 100.000 habitantes. Na República Checa ordenouse o peche de colexios, bares e restaurantes ata o próximo 3 de novembro. O Reino Unido estrea tamén hoxe novas restricións e Francia e Italia empeoran os datos de contaxios.