Europa pide perdón a Italia pola súa resposta tardía ao coronavirus

1 minutes read

A presidenta da Comisión Europea pediu perdón a Italia, en nome de Europa, por tardar tanto en reaccionar. “Moitos non chegaron a tempo, cando Italia necesitaba axuda, ao principio de todo isto», dixo Ursula von der Leyen. A súa desculpa chegou en pleno debate parlamentario sobre a resposta da Unión Europea ao coronavirus. E os principais grupos da Eurocámara uníronse para pedir un paquete masivo de investimentos destinado a superar a crise económica. A idea inclúe a emisión de bonos comunitarios co respaldo do orzamento europeo. Unha proposta que os xefes de Estado e de Goberno deberian debater no cume do próximo xoves.