Europa quere dispoñer do pasaporte de vacinación antes do verán


A Comisión Europea quere sentar as bases do proxecto este mesmo mes. Segundo a súa presidenta, Ursula von der Leyen, o obxectivo é que sexa totalmente respectuoso da privacidade e garanta a protección dos datos persoais. De feito, a idea é que só sirva como xustificante de que a persoa se ten vacinado ou, na súa falta, de que superou a enfermidade ou o seu test de COVID-19 deu negativo. Os líderes europeos expuxeron a semana pasada que o chamado pase verde estea listo en tres meses. Non será fácil, porque hai que conseguir que sexa reconocible por todos os estados membros e compatible coas súas respectivas campañas de vacinación.