Ante a escalada de tensión con Rusia e a fuxida masiva de cidadáns do país tras o decreto de mobilización parcial, a Comisión Europea pediu aos Vinte e sete que reduzan ao mínimo a expedición de visados aos cidadáns rusos. Calcúlase que uns 200.000 fuxiron aos países veciños desde que Vladimir Putin anunciou a semana pasada unha mobilización parcial de reservistas. A gran maioría son menores de 65 anos. A fronteira de Finlandia con Rusia pechouse o venres aos rusos con visado de turista. O goberno finlandés dixo que a continua chegada de turistas rusos está a poñer en perigo as súas relacións internacionais e alegou estar preocupado pola seguridade do país tras os referendos «ilegais» e a sabotaxe dos gasodutos Nord Stream un e dous.
40