«Sen Xustiza non hai paz». As consígnas antirracistas pola morte de George Floyd deron a volta ao mundo. E tamén a indumentaria, de negro, en solidariedade co movemento «Black Lives Matter». Só no centro de Berlín unhas 15.000 persoas congregáronse este sábado en Alexanderplatz. Noutras cidades como Düsseldorf, gardaron 8 minutos e 46 segundos de silencio, exactamente o tempo que o policía presionou co seu xeonllo o pescozo do afroamericano ata asfixialo. «O racismo vén do prexuízo e o prexuízo vén da ignorancia e a estupidez, e creo que é importante que lle expliquemos isto á xente e mostrar que é importante estar aquí para un futuro máis brillante e un mellor sentido da convivencia.», sinala unha moza berlinesa. Un mozo nixeriano clama que «xa é suficiente, hai que facer algo, non podemos cruzarnos de brazos e dicir que todo está ben».
35