Europe Direct A Coruña-Deputación da Coruña organiza un novo obradoiro de redacción de proxectos europeos: Erasmus+. Nesta ocasión, a actividade realízase en colaboración co Concello de Ferrol e celebrarase o 5 de marzo no Antigo Hospicio de Ferrol.
O obradoiro, de carácter gratuíto, ten como obxectivo dotar aos participantes das ferramentas precisas para realizar un proxecto no marco dos programas «Erasmus+» e «Corpo Europeo de Solidariedade» destinados á promoción dos intercambios xuvenís e do voluntariado europeo.
Este curso está dirixido ao persoal técnico dos concellos así como aos membros de organizacións sen ánimo de lucro interesados en promover a mobilidade xuvenil no seu territorio.
O aforo está limitado a 25 prazas. Para a inscrición ou información complementaria, contacte en europedirect@dacoruna.gal, ou ben, no número de teléfono 981 080 331.