Europol publica a lista dos criminais máis buscados na internet


Europol lanzou a súa campaña anual para dar caza aos criminais máis buscados da Unión Europea. Publicou unha lista con 62 prófugos da xustiza na súa páxina web e convida os cidadáns a consultala co obxectivo de obter información sobre o seu paradoiro. Entre eles figuran asasinos, narcotráficantes ou persoas implicadas en trata de seres humanos que lograron escapar á xustiza durante anos e que presumiblemente se integraron na sociedade adoptando unha identidade que lles permite pasar desapercibos.

Entre os máis buscado pola xustiza española figura Antonio Anglés, coñecido polo caso Alcàsser. Tres mozas de entre 14 e 15 anos foron secuestradas, violadas e asasinadas no ano 1992. Europol dá a súa descrición: ten 55 anos, ollos azuis, mide 1 metro 75 centímetros e ten unha tatuaxe no brazo, unha cicatriz na cara e outra na man.