A organización do festival Eurovisión 2021 na cidade holandesa de Roterdam activaron os protocolos sanitarios illando ás delegacións de Polonia e Islandia ao confirmarse varios positivos entre os seus membros. Por compartir hotel, os equipos de Malta e Romanía tamén foron postos en corentena. Segundo explican desde o concurso, durante unha “proba rutineira” realizada para este domingo, un membro da delegación islandesa deu positivo por COVID-19, e de acordo cos estritos protocolos definidos polas autoridades locais e os organizadores do festival, tanto as persoas contaxiadas como os demais membros da súa delegación, illaranse ata dar negativo nunha PCR.
O día anterior, un membro da delegación polaca tamén foi positivo, polo que toda a delegación tívose que someter a unha PCR. Por iso, ningún dos catro equipos puido participar na benvida aos artistas na coñecida Alfombra Turquesa. O hotel podería ser o foco de contaxio dos membros das catro delegacións. “Todos os artistas participantes fixéronse o sábado unha proba PCR en preparación para a súa aparición na Alfombra. Como medida de seguridade adicional, todas as delegacións que aínda asisten á Alfombra chegarán individualmente en transporte privado”, advertiu o festival nun comunicado.
O protocolo xa prevía posibles positivos entre as delegacións, o que impediría aos artistas actuar en directo na semifinal ou a final de Eurovisión. Para evitar quedar fóra, todos os equipos graváronse unha actuación que poida emitirse durante as xornadas crave do festival no caso de que algún dos artistas teña que estar en corentena porque a súa proba PCR ou a de alguén do seu equipo de positivo.