- O grupo de telecomunicacións é a propietaria da cablera galega R.
Euskaltel lanzou en toda España a súa nova batería de ofertas a través da marca Virgin telco. A sexta operadora a nivel nacional competirá no 85 % do mercado no que non estaba presente para trasladar as súas propostas comerciais a 18,4 millóns de fogares. Un desembarco con agresivas tarifas nos distintos ámbitos de telefonía e internet.
Virgin telco lanzou unha oferta converxente que o cliente pode configurar por 53 euros ao mes, afastada por tanto do anterior modelo do paquete integral de servizos. O usuario pode contratar unha liña de fibra de 300 Megabits por 33 euros mensuais, máis unha liña móbil con 20 GB de datos por seis euros. Con opción libre a unha liña fixa por seis euros mensuais e a un servizo de televisión Premium por oito euros. A máis canles de televisón, a proposta Premium eleva a súa tarifa aos 14 euros ao mes.
No ámbito móbil, a teleco lanzou unha agresiva oferta que permite ao usuario contratar unha liña con 10 GB de datos, por nove euros ao mes. A expansión a través da marca Virgin telco fóra dos territorios naturais de Euskaltel (Euskadi, Asturias e Galicia) é o eixo fundamental do Plan de Negocio 2020-2025 da compañía. O seu obxectivo é duplicar o volume de negocio e de clientes sobre os datos de 2019 e durante o próximo lustro.