A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, competirá en primarias para ser candidata á Xunta. De momento só se presentou ela. Sobre posibles pactos, Eva Solla amósase disposta a reeditar unha coalición similar á de En Marea con outros partidos.
«Esquerda Unida defende, por suposto, a confluencia. O importante para nós é poder ter os deberes feitos como organización para comezarnos a sentar e construír e armar unha candidatura, se é posible, coa maior parte dos actores cos que vimos traballando nos últimos anos», asegura Eva Solla.